martes, 12 de noviembre de 2013

"Unha de cada tres empresas do polígono decidiu participar na experiencia piloto de recollida de residuos (máis de 30% das do polígono industrial)”

O Plan Valoriza Polígono Salnés ten como obxectivo determinar, a través dunha experiencia piloto de recollida selectiva de residuos, a cantidade de residuos comerciáis (plástico e cartón) xenerados nas empresas dos polígonos do Salnés, para estudar a posibilidade de mancomunar o servizo de recollida destes residuos e conseguir valorizalos económicamente a través da súa recollida e reciclaxe por parte dos xestores autorizados de residuos.

A experiencia piloto dará comezo mañá mércores 13 de novembro coa entrega ás empresas dos contenedores de cartón/papel e plasticos. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario