miércoles, 23 de octubre de 2013

ARRANCA O PLAN VALORIZA POLÍGONO DO SALNÉS

A4C2F2
Co apoio da Consellería de Medio Ambiente,  territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés, ven de acordar a posta en marcha do Iº Plan de Segregación e Valorización de Residuos Industriáis do Polígono Industrial do Salnés.
O proxecto terá como obxectivo realizar unha análise dos residuos xenerados no polígono para contribuir a unha mancomunicazión da recollida dos mesmos e a súa valorización económica e medioambiental, co obxectivo de mellorar a sostenibilidade ambiental e contribuir á correcta xestión de residuos no polígono. Asimesmo, se tratará de involucrar ó maior número de empresas do polígono para acadar o maior éxito posible na execución e resultado dos proxecto.

Estímase que cada kg de cartón ou plástico que non se segrega e se recicla supón un custo municipal aproximado de máis de 0,05 €/kg, polo que esta experiencia servirá non só para a concienciación na boa xestión medioambiental dos residuos empresariáis senón que permitirá tamén mellorar a competitividade das empresas do polígono industrial do Salnés na medida en que permitan valorizar económicamente os seus residuos e influir por tanto positivamente nas súas contas de resultados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario