Data: 30 de outubro de 2014 as 16:00 horas
Destinatarios: Emprendedores, profesionais e responsables da xestión da protección ambiental no sector empresarial
A Asociación de empresarios, organiza unha Xornada para concienciar sobre a Xestión Ambiental
Empresarial e afondar nos métodos e sistemas de xestión ambiental para empresas
e organizacións. Tratar a problemática dos residuos industriais e ofrecer
solucións.
A consideración dos problemas ambientais na xestión das empresas e organizacións pasou de ser un tema pouco considerado a desempeñar un papel relevante no mundo empresarial actual.
O cambio no rol desempeñado por este tipo de cuestións foi propiciado por cambios no contexto competitivo que afectan ás empresas desde diferentes perspectivas:
- O desenvolvemento de lexislación relacionada co control do nivel de emisións e verquidos
- O incremento das obrigas de información con respecto a asuntos relacionados co medio
- O auxe da demanda dunha maior transparencia e compromiso por parte dos axentes cos que ser relacionan as empresas,
- A consciencia de que as relacións con diferentes colectivos -accionistas, clientes, traballadores, a comunidade...- e co medio, forman parte do valor da empresa, e que esta ten obrigas para e con eles.
As empresas comezan a considerar que a sostibilidade ofrece un modo de diferenciarse nos mercados, e asumen que a xestión da sostibilidade desde unha óptica proactiva repercute directamente na súa rendibilidade, o que contribúe a incrementar a súa productividade e competitividade.
Obxectivos:
- Dar a coñecer aos profesionais as ferramentas que facilitan a xestión ambiental empresarial das súas empresas así como a lexislación vixente
- Difundir a importancia da mellora da xestión da protección ambiental e o enorme interese que tén no sector empresarial
- Compartir experiencias, problemáticas e posibles solución.
Programa das xornadas:
Xoves 30 de outubro de 2014
16:00 – 16:30. As principais liñas de axuda do IGAPE
Miguel Fidalgo Iglesias:
Responsable de Programas do Instituto Galego de Promoción económica
16:30 – 17:00. A importancia
da xestión ambiental na empresa
17:00 – 18:30. Os
distintos sistemas e certificacións ambientais
José E.
Rodríguez Coello: Jefe Servicio Comercial
Delegación en Galicia AENOR
18:30 – 19:00.
Descanso
19:00 – 20:00. A
xestión eficiente dos residuos industriais
Santiago
Cristín Mariño: Consultor y abogado ambiental, colaborador Grupo Soil.
20:00 – 20:30. Mesa
redonda: Quenda de rogos e preguntas.
Entrega de diplomas e
peche da xornada.