A sede da Asociaciòn de Empresarios do
Polígono do Salnés – Sete Pías foi testigo na mañá de hoxe do
pistoletazo de saída da experiencia piloto do Plan Valoriza, un proxecto
impulsado pola asociación de empresarios do Salnés que pretende
mancomunar a xestión dos residuos non asimilables a sólidos urbáns a
través deste proxecto que ten como obxectivo recabar os datos e a
información necesaria para tratar de impulsar un ente mancomunado de
xestión destes servizos.
Coa presenza
dos alcaldes de Cambados e da alcaldesa de Ribadumia, o presidente da
Asociación, Benigno Santos, acompañado tamén de Andrea Ciriugno,
representante do Grupo Soil e de Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, Director
de Galipad Consulting SL, a empresa consultora que está dirixindo o Plan
Valoriza, comezouse a entrega dos contenedores e big bags ás empresas
participantes no proxecto (máis do 30 % do polígono participa nesta
experiencia)
Tanto os
alcaldes de Cambados e Ribadumia como o Presidente da AE Polígono do
Salnés-Sete Pías destacaron a iniciativa como algo necesario para
mellorar a segregación dos residuos como un obxectivo non só económico
senon medioambiental de primeira orde. O alcalde de Cambados felicitou á
asociacion pola iniciativa neste tempo económico de crise e os animou a
extender a experiencia ó tempo que agradecía o apoio da Xunta de
Galicia a este proxecto. Pola súa parte, a alcaldesa de Ribadumia
destacou a importancia medioambiental da correcta segregación de
residuos dentro dunha correcta xestión ambiental. O Presidente da
Asociación de Empresarios agradeceu a presencia das autoridades e
insistiu en que a Asociación seguirá adiante con este e outro proxectos
que melloren o polígono e contribuyan a potencialo como elemento
dinamizador da economia da comarca e neste caso, a mellorar o medio
ambiente e a solucionar o problema de moitas empresas que non tiñan
maneira de valorizar estes residuos.
Durante todo o
día de hoxe, o Grupo Soil, colaborador do proxecto, distribuiu a cada
empresa participante os contenedores e big bags necesarios para inciar a
recollida de residuos. Esta colaboración xerde dun convenio
recientemente asinado entre a asociación e o Grupo Soil para a
realización desta experiencia. Os residuos serán depositados na planta
de tratamento que o propio Grupo Soil ten preto do polígono, a planta de
Xestioma.
Pola súa parte,
a empresa que está dirixindo o Plan Valoriza, Galipad Consulting SL, a
través do seu director, Nicolás Vaqueiro Gradín, expresaba o seu desexo
de que a experiencia sexa positiva para os participantes e os resultados
avalen a tese da necesidade de mancomunar este servizo para valorizar
este residuos e que polo tanto, representen unha menor carga para os
concellos e unha mellora competitiva para as empresas.
O
Plan Valoriza Polígono Salnés ten como obxectivo determinar, a través
dunha experiencia piloto de recollida selectiva de residuos, a cantidade
de residuos comerciáis (plástico e cartón) xenerados nas empresas dos
polígonos do Salnés, para estudar a posibilidade de mancomunar o servizo
de recollida destes residuos e conseguir valorizalos económicamente a
través da súa recollida e reciclaxe por parte dos xestores autorizados
de residuos.
+Info en:
http://empresariospoligonodelsalnes.blogspot.com.es/. Web da Asociación de Empresarios do Salnés
http://planvalorizasalnes.wordpress.com/ Web do Proxecto VALORIZA
No hay comentarios:
Publicar un comentario