viernes, 8 de mayo de 2015

Subvencións en materia RSE e Traballo en Igualdade para PEMES

Publicada a Orde de axudas da Consellería de Traballo e Benestar para a  implantación da Responsabilidade Social Empresarial  (RSE) e a igualdade nas PEMES 

O modelo de xestión da RSE promove nas empresas a conciencia de velar pola satisfacción e cumprimento das expectativas de todos os grupos de interese con que interactúa, trátase dun un concepto en pleno desenvolvemento no tecido económico e social actual. 

A RSE contribúe a mellora do modelo produtivo, xa que combina, ao mesmo tempo, criterios de eficiencia, sustentabilidade e igualdade de oportunidades.

A través da promoción da igualdade laboral, preténdese que as empresas cumpran coa Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, e a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, e os seus decretos de desenvolvemento.

LIÑAS DE AXUDA 

Liña I:  axudas para implantar a RSE, 
Liña II: axudas o fomento da igualdade laboral, 
  •      Programa 1: elaboración e implantación de plans de igualdade, 
  •      Programa 2: axudas para investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á   conciliación da vida familiar e laboral,
  •      Programa 3: axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes. 
Prazo aberto ata o 30 de maio.  

A asociación tramita e executa as suvbencións en materia de RSE e Traballo en Igualdade. 

SOLICÍTENOS INFORMACIÓN.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario