viernes, 31 de octubre de 2014

Éxito de participación na Xornada de Xestion Ambiental na Empresa"

Na tarde de onte, xoves 30 de outubro celebramos, na sede da Asociación, a "Xornada de Boas Prácticas para a Xestión Ambiental das Empresas". 

O éxito de participación, con representación de empresas de diversos sectores do Polígono do Salnés, do Grove, de Catoira, de Vilanova de Arousa, de Vilagarcía e de Moaña, avala a interese que esperta o tema nos empresarios e traballadores, conscientes de que unha boa xestión ambiental redunda non só en cuestións positivas para o medio, senon que tamén pode ter consecuencias positivas para a empresa, diminuindo custes ou incluso ofrecendo vantaxes competitivas a través da diferenciación.

Amáis de xestión ambiental, tamén houbo lugar para falar dos servizos que ofrecen institucións como o Igape poñendo a disposición de empresas e emprendedores asesoramento, liñas de axuda e financiación. 


Asistentes á xornada sobre Xestión Ambiental na Empresa
Un momento da exposicióno de Miguel Fidalgo, responsable de proxectos do IGAPE
Un momento da charla sobre as distintas certificacións ambientais. Foto: Noé Parga










No hay comentarios:

Publicar un comentario