miércoles, 13 de noviembre de 2013

Os alcaldes de Cambados e Ribadumia dan o seu apoio ó Plan Valoriza impulsado pola AE Polígono Industrial do Salnés-Sete Pías

A sede da   Asociaciòn de Empresarios do Polígono do Salnés – Sete Pías foi testigo na mañá de hoxe do pistoletazo de saída da experiencia piloto do Plan Valoriza, un proxecto impulsado pola asociación de empresarios do Salnés que pretende mancomunar a xestión dos residuos non asimilables a sólidos urbáns a través deste proxecto que ten como obxectivo recabar os datos e a información necesaria para tratar de impulsar un ente mancomunado de xestión destes servizos.

Coa presenza dos alcaldes de Cambados e da alcaldesa de Ribadumia, o presidente da Asociación, Benigno Santos, acompañado tamén de Andrea Ciriugno, representante do Grupo Soil e de Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, Director de Galipad Consulting SL, a empresa consultora que está dirixindo o Plan Valoriza, comezouse a entrega dos contenedores e big bags ás empresas participantes no proxecto (máis do 30 % do polígono participa nesta experiencia)

Tanto os alcaldes de Cambados e Ribadumia como o Presidente da AE Polígono do Salnés-Sete Pías destacaron a iniciativa como algo necesario para mellorar a segregación dos residuos como un obxectivo non só económico senon medioambiental de primeira orde. O alcalde de Cambados felicitou á asociacion pola iniciativa neste tempo económico de crise e os animou a extender a experiencia ó tempo que agradecía o apoio da Xunta de Galicia a este proxecto. Pola súa parte, a alcaldesa de Ribadumia destacou a importancia medioambiental da correcta segregación de residuos dentro dunha correcta xestión ambiental. O Presidente da Asociación de Empresarios agradeceu a presencia das autoridades e insistiu en que a Asociación seguirá adiante con este e outro proxectos que melloren o polígono e contribuyan a potencialo como elemento dinamizador da economia da comarca e neste caso, a mellorar o medio ambiente e a solucionar o problema de moitas empresas que non tiñan maneira de valorizar estes residuos.

Durante todo o día de hoxe, o Grupo Soil, colaborador do proxecto, distribuiu a cada empresa participante os contenedores e big bags necesarios para inciar a recollida de residuos. Esta colaboración xerde dun convenio recientemente asinado entre a asociación e o Grupo Soil para a realización desta experiencia. Os residuos serán depositados na planta de tratamento que o propio Grupo Soil ten preto do polígono, a planta de Xestioma.

Pola súa parte, a empresa que está dirixindo o Plan Valoriza, Galipad Consulting SL, a través do seu director, Nicolás Vaqueiro Gradín, expresaba o seu desexo de que a experiencia sexa positiva para os participantes e os resultados avalen a tese da necesidade de mancomunar este servizo para valorizar este residuos e que polo tanto, representen unha menor carga para os concellos e unha mellora competitiva para as empresas.

O Plan Valoriza Polígono Salnés ten como obxectivo determinar, a través dunha experiencia piloto de recollida selectiva de residuos, a cantidade de residuos comerciáis (plástico e cartón) xenerados nas empresas dos polígonos do Salnés, para estudar a posibilidade de mancomunar o servizo de recollida destes residuos e conseguir valorizalos económicamente a través da súa recollida e reciclaxe por parte dos xestores autorizados de residuos.

+Info en:
http://empresariospoligonodelsalnes.blogspot.com.es/. Web da Asociación de Empresarios do Salnés



plan valoriza 1.jpg

plan valoriza 2.jpg

plan valoriza 3.jpg


No hay comentarios:

Publicar un comentario